Qué é Pandejuevo?

Pandejuevo nace dunha tradición familiar no calor dunha cociña chea de xente, fariña e manteiga. Pouco antes das celebracións de nadal, reunímonos na casa para facer unhas galletas, de receita celosamente gardada por miña nai, que facemos para regalar a amigos e familiares dende fai moitos anos. Estas galletas sempre foron moi valoradas por todo aquel que as coñecía e cos anos a súa fama foise extendendo a través do boca a boca.

Cos anos, esta tradición, que recordo dende ben cativo, foi incorporando pouco a pouco a algúns amigos da familia que se unían a nós para axudarnos e convertindo todo o proceso nunha pequena celebración que marca o inicio das festas. Durante o proceso de elaboración das mesmas, que dura varios días dada a gran cantidade que facíamos, bromeamos durante anos coa idea de vendelas onde xurdiron moitas ideas que máis tarde axudarían a darlle forma o concepto Pandejuevo.

pandejuevo-nos

Esta era só unha desas tantas veces que dende ben pequeno pasaba na cociña e forzando unha gran afición pola mesma e sobre todo pola repostería, formándome primeiro co típico “báteme estes ovos” ou “mistura isto con aquelo” de miña nai cando aínda nin chegaba o mesado e máis tarde de xeito autodidacta e a base de anos de proba e erro na miña propia cociña. Sempre desfrutei probando e descubrindo produtos de outros profesionáis e sobre todo creando os meus propios froito de investigar técnicas e procesos novos.

Co tempo, e case por casualidade, naceu a marca Pandejuevo que dende un principio tiña a intención de facer produtos artesanais, caseiros, con ingredientes naturais, e con receitas e procesos que os fixeran o máis saludables posible. No caso de aqueles produtos tradicionais, facelos da maneira máis tradicional, buscando o sabor de sempre aplicando técnicas antigas
pero con coñecementos modernos. O que empezou como unha pequena broma a darse a coñecer entre os amigos, pouco a pouco e gracias a eles foise extendendo nun círculo cada vez máis amplo ata que o momento de crear ese obrador que tantas veces imaxinara rodeado daquelas galletas de Nadal chegou por si só.

Un obrador onde poder elaborar os nosos produtos de xeito artesanal, con ingredientes de calidade, coidando a súa orixe e traballándoos con agarimo. Un obrador aberto, onde todo aquel que entrase poidese ver o proceso de elaboración dos nosos
produtos, e ademais poida ver e comprobar que non temos ingredientes extraños nin usamos prefabricados nin temos nada que agochar.

Un obrador ubicado en Cee, na Costa da Morte onde sempre quixen aportar o meu pequeno gran de area ó fomento dos produtos locais, das materias primas de aquí, pola súa calidade e tamén por fortalecer á comunidade e axudar a facer medrar a terra onde me criei e onde quero vivir. Polo de agora, Pandejuevo, non pode usar un 100% de produto local, xa que hai certas cousas que aínda non temos, pero a nosa intención é ir nesa dirección. Igual que no coidado da nosa contorna onde nos esforzamos todo o posible por utilizar produtos sustentables, reutilizables, reciclados e/ou reciclables e incluso compostables nos nosos envases.