Co tempo, e case por casualidade, naceu a marca Pandejuevo que dende un principio tiña a intención de facer produtos artesanais, caseiros, con ingredientes naturais, e con receitas e procesos que os fixeran o máis saludables posible. No caso de aqueles produtos tradicionais, facelos da maneira máis tradicional, buscando o sabor de sempre aplicando técnicas antigas
pero con coñecementos modernos. O que empezou como unha pequena broma a darse a coñecer entre os amigos, pouco a pouco e gracias a eles foise extendendo nun círculo cada vez máis amplo ata que o momento de crear ese obrador que tantas veces imaxinara rodeado daquelas galletas de Nadal chegou por si só.
Un obrador onde poder elaborar os nosos produtos de xeito artesanal, con ingredientes de calidade, coidando a súa orixe e traballándoos con agarimo. Un obrador aberto, onde todo aquel que entrase poidese ver o proceso de elaboración dos nosos
produtos, e ademais poida ver e comprobar que non temos ingredientes extraños nin usamos prefabricados nin temos nada que agochar.
Un obrador ubicado en Cee, na Costa da Morte onde sempre quixen aportar o meu pequeno gran de area ó fomento dos produtos locais, das materias primas de aquí, pola súa calidade e tamén por fortalecer á comunidade e axudar a facer medrar a terra onde me criei e onde quero vivir. Polo de agora, Pandejuevo, non pode usar un 100% de produto local, xa que hai certas cousas que aínda non temos, pero a nosa intención é ir nesa dirección. Igual que no coidado da nosa contorna onde nos esforzamos todo o posible por utilizar produtos sustentables, reutilizables, reciclados e/ou reciclables e incluso compostables nos nosos envases.