quepasanacosta.gal

A panadería máis “molona” de toda a Costa da Morte segue dando pasos adiante. Nacida en Cee, vivía esta pasada primavera o o soño de #MadridFusión, cando o seu fundador, Diego Trillo, foi nominado como pasteleiro revelación.

Agora, e xa coa tenda e o obradoiro ceense xa completamente asentado, Pandejuevo aposta pola Coruña como primeiro punto na expansión do seu proxecto.

Este sábado 17 de decembro a Rúa San Andrés dará a benvida, no número 44, a unha nova tenda de Pandejuevo, na que ofrecerá o seu amplo surtido de galletas, en tarro de cristal, xa coñecidas por moitosleva vendidas máis de 25.000 en tan só 2 anos.

Neste local de ambiente familiar, decorado polo seu irmán, o escenógrafo Dani Trillo (galardoado con varios premios María Casares) tamén se poden atopar doces de tempada ou sobremesas en formato individual para encher calquera reunión, xuntanza, comida… (?).

Un obradoiro que mestura tradición e modernidade, inspirado en produtos e receitas con ingredientes sinxelos e de proximidade.