BASES LEGAIS DO CONCURSO «CANTO PESA?»

1. Empresa organizadora

O presente concurso é organizado por Mar de Estrelas Glamp SLU, con CIF B70544416,

baixo a marca comercial Pandejuevo, con establecementos en Cee e A Coruña (Galicia).

2. Ámbito e duración

O concurso desenvolvese exclusivamente a través da conta oficial de Instagram de

Pandejuevo. Comeza no momento da publicación do post do concurso e remata o 1 de

abril de 2026 ás 23:59 h (hora peninsular española). Calquera comentario realizado

despois desa hora non será válido.

3. Requisitos de participación

Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos que cumpran as seguintes

condicións:

a) Seguir a conta oficial de Instagram de Pandejuevo.

b) Comentar na publicación do concurso indicando o peso en gramos que cren que

ten o ovo de chocolate que aparece na imaxe.

c) Dispoñer dunha conta de Instagram real e pública (non se admiten contas falsas,

bots nin contas creadas exclusivamente para participar en concursos).

Non existe restrición xeográfica para participar, pero o premio deberá recollerse

presencialmente nun dos establecementos de Pandejuevo (Cee ou A Coruña). Os gastos

de desprazamento, se os houbese, correrán por conta da persoa gañadora.

4. Mecánica do concurso

Publicarase unha fotografía dun Ovo de Chocolate Mediano de Pandejuevo colocado sobre

unha báscula. As persoas participantes deberán comentar o peso que cren que ten o ovo,

expresado en gramos.

Cada persoa poderá realizar un máximo de 10 comentarios. Só se terán en conta os 10

primeiros comentarios de cada participante por orde cronolóxica. O comentario número 11

en diante non contará para o premio.

O peso indicado en cada comentario debe ser un número enteiro en gramos. Comentarios

que non conten un número claro non serán válidos.

5. Determinación do gañador ou gañadora

Gañará a primeira persoa que acerte o peso exacto do ovo de chocolate. Se ninguén

acerta o peso exacto, gañará a primeira persoa que máis se achegue ao peso real sen

pasarse (sen superar o peso real).

En caso de empate (dúas ou máis persoas co mesmo peso e sen pasarse), prevalecerá o

comentario publicado primeiro por orde cronolóxica segundo o rexistro de Instagram.

6. Premio


O premio consiste nun (1) Ovo de Chocolate Xigante Sorpresa de Pandejuevo, con recheo de gominolas e un xoguete). O premio non é transferible,

non é canjeable por diñeiro nin substituible por ningún outro produto.

7. Comunicación e entrega do premio

O resultado do concurso anunciarase o 1 de abril de 2026 a través das Stories da conta

oficial de Instagram de Pandejuevo.

A persoa gañadora deberá poñerse en contacto con Pandejuevo a través de mensaxe

privada de Instagram nun prazo máximo de 7 días naturais desde o anuncio para coordinar

a recollida do premio.

Se a persoa gañadora non contacta dentro dese prazo, o premio pasará á seguinte persoa

que máis se achegue ao peso sen pasarse, aplicándose o mesmo prazo de 7 días naturais.

Este proceso repetiráse ata un máximo de tres intentos, tras os cales o premio quedará

deserto.

O premio recollerase presencialmente en calquera dos dous establecementos de

Pandejuevo (Cee ou A Coruña), a elección da persoa gañadora.

8. Protección de datos

A participación no concurso implica o consentimento para que Pandejuevo publique o nome

de usuario de Instagram da persoa gañadora nas súas canles (Stories e/ou publicacións).

Non se recollerán máis datos persoais que o nome de usuario público de Instagram. En

caso de ser necesario recoller datos adicionais para a entrega do premio, informarase

previamente á persoa gañadora.

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018

(LOPDGDD), a persoa gañadora poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,

supresión, oposición e limitación dirixíndose a Pandejuevo a través de mensaxe privada de

Instagram.

9. Exclusión de responsabilidade

Instagram non patrocina, avala nin administra este concurso, nin está asociado a el de

ningún xeito. A persoa participante libera a Instagram de toda responsabilidade derivada da

súa participación.

Pandejuevo resérvase o dereito de eliminar calquera participante que empregue prácticas

fraudulentas, contas falsas ou calquera conduta contraria á boa fe.

10. Modificación e cancelación

Pandejuevo resérvase o dereito de modificar ou cancelar o concurso en calquera momento

por causa xustificada, comprometera comunicalo axeitadamente nas súas canles de

Instagram.

11. Aceptación das bases

A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases legais.


Mar de Estrelas Glamp SLU — Pandejuevo


Marzo 2026