Galleta de sementes

Rango de precios: desde €8,70 hasta €12,50

Unha receita orixinal feita con sésamo, chía, millo, pipas e améndoa. Finísima, crocante e chea de sabor, perfecta tanto para algo doce como para acompañar con salgado. Sen fariña de trigo, pero pode conter trazas de glute.

SKU: 0000000183-1 Categoría: Etiquetas: , , ,

Descripción

Sementes: A Galleta Artesá de Sementes, Lixeira e Chea de Sabor

As Sementes son unha das galletas artesás máis orixinais de Pandejuevo, elaboradas a man no noso obrador da Costa da Morte. Feitas con sésamo, chía, millo, pipas e améndoa, ofrecen unha combinación perfecta de sabor natural, textura crocante e ligereza.

Non conteñen fariña de trigo (aínda que poden ter trazas por contaminación cruzada), polo que son unha excelente opción para quen busca galletas máis naturais e alternativas sen fariña de trigo.

O seu sabor sorprende desde o primeiro bocado: unha galleta lixeira, crujinte e chea de carácter, que tamén combina á perfección con algo salgado —ideal como snack saudable ou para acompañar queixos, cremas e dips.

Por que elixir as galletas Sementes de Pandejuevo?

  • Ingredientes naturais e nutritivos: sésamo, chía, millo, pipas e améndoa de primeira calidade.

  • Textura crocante e lixeira: unha das galletas máis finas e sorprendentes da nosa colección.

  • Sen fariña de trigo: opción máis natural para quen busca reducir o consumo de glute (con advertencia de posibles trazas).

  • Elaboración artesanal galega: feitas con mimo e tempo no noso obrador en Cee, respectando o proceso tradicional.

  • Versatilidade total: perfectas tanto como galleta doce coma snack salgado.

Onde mercar as Sementes

  • Tendas Pandejuevo en Cee e A Coruña.

  • Venda online: con opción de recollida en tenda ou envío a códigos postais seleccionados (15001–15011).

  • Establecementos asociados: dispoñibles en diferentes puntos de Galicia.

As Sementes de Pandejuevo son unha das galletas galegas artesás máis especiais: auténticas, crocantes e cheas de sabor. Perfectas para regalar, compartir ou simplemente desfrutar a calquera hora do día.

Información adicional

Tamaño

,

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.