Descripción
Os mini roliños son a nosa homenaxe ao cozonac cu nucă, ese pan doce enrolado tan querido nos Cárpatos. Unha masa tenra que envolve unha crema de chocolate e avelá, cun toque lixeiro de canela e noces picadas que lle dan carácter e un punto crocante.
Un bocado individual, reconfortante e cun aire centroeuropeo, feito aquí na Costa da Morte. Está no seu mellor punto o propio día; pasado un par, quéntase un intre ao microondas e tómase no momento.
Atópao todos os días en Cee, e os xoves e sábados na Coruña. Tamén por encarga online.
Datos
Peza individual de 70 g (1 ración) · Alérxenos: glute, ovo, lácteos, soia, froitos secos (avelá, noz) · Conservación: ambiente, lugar seco; mellor no día.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.