quepasanacosta.gal

Apenas leva un ano revolucionando o panorama da pastelería da provincia dende Cee. E xa pega o salto á gran pantalla, coa súa nominación como Finalista de “Pastelero Revelación” do Madrid Fusión 202, o meirande concurso gastronómico do estado.

Falamos de Diego Trillo e o seu Pandejuevo, unha pequena pastelería situada no corazón de Cee, que fai as cousas con tanto amor, que se convirte xa nun dos 6 pasteleiros con máis futuro de España.

Todo nace do coidado que ten para sacar os seus produtos e, tamén, para ensinalos nas redes. Tal é o seu impacto que durante o pasado ano recibiron a visita segreda dun dun crítico gastronómico, xurado dos Premios, que os escolleu para ser finalistas desta edición de 2022.

Aínda en “shock”, recoñece que “a verdade é unha auténtica locura, algo que nunca imaxinei, e moito menos nun ano e pico, poder estar nese escenario que ademais eu seguía de antes. Nunca imaxinei poder estar aí, sobre todo ao lado doutros finalistas que son moi grandes neste sector”.

”Só estar nominado é un recoñecemneto brutal a nivel profesional e a nivel de produto, un evento con tanta importancia e tanta repercusión no sector. É un golpe tremendo para a marca e a carreira. Aínda non teño moitas palabras”, explica.

Todo nun momento ideal, porque están dando un paso que levan moito tempo pensando, que é abrir un segundo punto de venda de Pandejuevo, preto de Cee, pero noutro mercado. Ata aquí podemos ler por agora, pero si que podemos atopar os seus produtos, sobre todo as marabillosas galletas da súa nai, a señora Carmen, en pequenas tendas de todo o país, gracias ao traballo de Mari, Mariana e Jenni no obradoiro, e de Noelia Quintáns nas redes.