A marca de repostería natural de Cee, Pandejuevo, recibiu a nominación para o premio Pastelero Revelación en Madrid Fusión. Diego Trillo, fundador desta pasteleira tradicional de pan de ovo e galletas, recibe un recoñecemento por un traballo onde se preserva a orixe e a calidade dos produtos.
Todos os que se esqueceran de facer un encargo, que é como traballa de acotío, poden estar tranquilos e pasarse polo local, pois alí atoparán uns pans de ovo en miniatura para probar, entre outras delicias. O produto estrela ten unha base xa coñecida, a masa de rosca de reis. Pero tamén apostan por outros postres de rigorosa elaboración como, por exemplo, tartas de todo tipo.
Diego viviu en Madrid moitos anos, pero mudou de volta para Galicia porque non atopaba na cidade a calidade de vida que hai aquí. “Farteime da cidade”, explicaba. Ademais, subliñou que para el xa era o momento de facer o que sempre quixera: emprender un proxecto propio.
Diego nunca estudou para reposteira, todo comezou por afección. “Aprendín na miña casa. Hoxe en día hai moitas formas de informarse e de aprender”, destacaba.