Pandejuevo

(1 valoración de cliente)

9,00

O noso pan de ovo: unha masa tenra e xugosa, cun aroma suave a cítricos e anís. O bocado co que todo empezou.

Disponible para reserva

SKU: PJ Categoría: Etiquetas: , , , , , ,

Descripción

O Pandejuevo é o produto que nos dá nome. Inspírase nese pan de festa que en Galicia tivo sempre mil nomes —rosca, periquito, pan de cesta— e nace dunha receita familiar que garda ese mesmo agarimo en cada peza.

A miga é tenra e húmida, e os toques de cítricos e un punto de anís déixanlle un aroma de cociña de domingo. Está no seu mellor punto o propio día, aínda que ben pechado aguanta un par máis; se che sobra, recupérase nun intre na tostadora e fai unhas torrixas memorables.

Elaborámolo a man no obrador da Costa da Morte, sempre por encarga. Recólleo nas tendas de Cee e A Coruña ou pídeo na tenda online.

Datos

Peza de 500 g (5 racións) · Alérxenos: glute, ovo, lácteos · Cun toque de licor de anís (o alcohol evapora case por completo no forno) · Conservación: ambiente, lugar seco; admite conxelación · Por encarga.

El Pandejuevo es nuestro pan de huevo artesanal, hecho a mano en la Costa da Morte con huevos de gallinas en libertad. Recógelo en Cee o A Coruña (Calle San Andrés 44), o pídelo en la tienda online.

1 valoración en Pandejuevo

  1. Beatriz Caamaño Esmorís (propietario verificado)

    Buenísimo! 100% recomendable.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.